CINEUROPA
CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA
SINGIN’ IN THE RAIN / CANTANDO BAIXO A CHOIVA (1952)
Stanley Donen, Gene Kelly
Estados Unidos / 103 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Gene Kelly, Donald O´Connor, Debbie Reynolds, Jean Hagen
Ficha técnica:
Guión: Betty Comden, Adolph Green
Fotografía: Harold Rosson, John Alton
Música: Nacio Herb Brown, Arthur Freed
Produción: Arthur Freed
Sinopse:
Antes de coñecer a aspirante a actriz Kathy Selden, o ídolo do cinema mudo Don Lockwood coidaba que o tiña todo: sona, fortuna e éxito. Mais ao coñecela decátase de que ela é o que realmente faltaba na súa vida. Co nacemento do cinema sonoro, Don quere filmar musicais con Kathy, pero entre ambos os dous interporase a raíña do cinema mudo, Lina Lamont.
Mellor actor comedia/musical nos Globos de Ouro 1952