SENSOXENOMA24

DATOS BÁSICOS

 

A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela póñense baixo a dirección de Baldur Brönnimann para levar a cabo Sensoxenoma24.

Sensoxenoma é un proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se aborda cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) fronte ao estímulo musical. En setembro de 2022 fíxose o primeiro concerto deste proxecto que agora repetimos. Nel, faise unha recollida de mostras biolóxicas a persoas doadoras voluntarias que permitirá estudar como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofrecerá a orquestra.

As persoas interesadas en participar nesta investigación poden asistir ao concerto de balde, previo rexistro nesta ligazón. O equipo de Sensoxenoma porase en contacto coas persoas para solicitantes para confirmar a dispoñibilidade de prazas e transmitirlles as instrucións de participación. 

 

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • Entradas para participantes na investigación 
  • Entradas para público xeral (5 €)
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
    • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 27 Setembro, 2024
19:30
Auditorio de Galicia