SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

Varios lugares
DATOS BÁSICOS

A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. As visitas guiadas baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da organización a cada visitante.

En 2024 máis de 700 persoas poderán participar nas visitas a unha ducia de espazos singulares entre os que se contan algúns xa presentes en edicións anteriores, como o Hospital Psiquiátrico de Conxo, o edificio da Facultade de Xeografía e Historia, o cemiterio e a capela do Rosario ou os mananciais de Compostela, alén doutros que centran as visitas nocturnas da Noite do Patrimonio. A eles engádense novos lugares como a fachada e a torre do Tesouro da Catedral, o CSC da Trisca, o Observatorio Ramón María Aller da USC e unha visita secreta. 

Para participar en calquera dos grupos, é preciso realizar inscrición previa a través do formulario de reservas que estará dispoñible o venres 6 de setembro, ás 12 horas en patrimonioinvisible.gal e na web de Compostela Cultura. 

RESERVA!

Entradas: 

Prazas esgotadas

Funcións: 
Luns, 9 Setembro, 2024 a Sábado, 14 Setembro, 2024
Varios lugares