Semana de Cine Euroárabe AMAL
TEATRO PRINCIPAL
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas presenta a Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2024 que se celebra entre os días 21 e 25 de outubro no Teatro Principal. Esta edición enmárcase baixo o lema “EXISTIR É RESISTIR”, un título que reivindica o valor do cinema como ac
A SESIÓN INAUGURAL de AMAL 24 será o luns 21 de outubro, ás 20:00 horas –entrada gratuíta–, co filme de ficción The Teacher dirixido pola cineasta palestina Farah Nabulsi. O resto das sesións da semana serán ás 21 horas cun custo de 3 euros (+ gastos de xestión). As entradas pódense adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do comezo das proxeccións e na web de Abanca.
PROGRAMACIÓN
Luns 21 de outubro | 20.00 h| Teatro Principal
The Teacher (FIC)
Farah Nabulsi | 2023 | Palestina | 115’
Martes 22 de outubro | 21.00 h | Teatro Principal
Inshallah Wallad (FIC)
Amjad Al Rasheed | 2023 | Xordania, Francia, Arabia Saudí, Qatar, Exipto | 113’
Mércores 23 de outubro | 21.00 h | Teatro Principal
Bye Bye Tiberias (DOC)
Lina Soualem | 2023 | Palestina, Bélxica, Qatar, Francia | 82’
Xoves 24 de outubro | 21.00 h | Teatro Principal
To a Land Unknown (FIC)
Mahdi Fleifel | 2024 | Grecia | 105’
Venres 25 de outubro | 21.00 h | Teatro Principal
The Old Oak (FIC)
Ken Loach | 2023 | Reino Unido | 110’