SECTION SPÉCIALE/ SECCIÓN ESPECIAL

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · CENTENARIO JORGE SEMPRÚN

SECTION SPÉCIALE / SECCIÓN ESPECIAL (1975)

Costa-Gavras

Francia, Alemaña, Italia / 110 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Louis Seigner, Roland Bertin, Michael Lonsdale

Ficha técnica:

Guión: Jorge Semprún, Costa-Gavras. Baseado na novela de Hervé Villeré

Fotografía: Andréas Winding

Edición: Françoise Bonnot

Produción: Jacques Perrin, Michèle Ray-Gavras, Giorgio Silvagni, Gérard Crosnier, Costa-Gavras

Sinopse:

Agosto de 1941. O goberno de Vichy acaba de crear unha Sección Especial que ten como obxectivo condenar chibos expiatorios que aplaquen as iras dos nazis logo de que un oficial nazi fora asasinado pola resistencia. As vítimas escollidas foron catro comunistas e dous xudeus elixidos aleatoriamente para seren xulgados ante un tribunal corrompido. Mentres que un novo maxistrado intenta facer valer as súas influencias políticas para conseguir o indulto, un dos procesados, xornalista de L’Humanitè, denuncia publicamente o tribunal pola súa submisión ás forzas de ocupación.

Mellor director no Festival de Cannes 1975

 

Duración: 
110 MIN
Entradas: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o martes 7 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Funcións: 
Luns, 13 Novembro, 2023
19:30
Auditorio de Galicia
Venres, 17 Novembro, 2023
17:00
Multicines Compostela
MULTIMEDIA

Section spéciale - Costa-Gavras - 1975