O segundo dos recitais do XX Ciclo de Lied terá como gran protagonista a Schubert cun percorrido musical que transitará pola vida e a evolución do compositor austríaco, dende a composición de Die Schöne Müllerin (1823) até a súa Viaxe de Inverno (1827). Malia que entre ambos os dous ciclos compositivos só median catro anos, dende a óptica vivencial, trátase dun período clave na existencia e na introspección artística de Schubert, de modo que contrasta o ton optimista e fresco do primeiro ciclo lieder coa dimensión derrotista e exasperada do segundo. O concerto contará coa soprano xermana Juliane Banse, o pianista alemán Alexandre Krichel, o bailarín húngaro István Simón e o coreógrafo, tamén teutón, Andreas Heise.
JULIANE BANSE, soprano
ALEXANDER KRICHEL, piano
ISTVÁN SIMON, bailarín
ANDREAS HEISE, coreografía
PROGRAMA
F. Schubert
Winterrreise, op. 89, D 911