SANTOSH / SEGREDOS DUN CRIME

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS

SANTOSH / SEGREDOS DUN CRIME (2024)

Sandhya Suri

Reino Unido, India, Alemaña, Francia / 120 min / Ficción / Hindi

Ficha artística:

Shahana Goswami, Sanjay Bishnoi, Kushal Dubey, Sunita Rajwar, Shashi Beniwal

Ficha técnica:

Guión:  Sandhya Suri

Fotografía: Lennert Hillege

Edición: Maxime Pozzi-Garcia

Produción: James Bowsher, Balthazar de Ganay, Mike Goodridge, Alan McAlex

Sinopse:

Santosh queda viúva e herda o traballo do seu esposo como axente de policía, un papel que nunca imaxinara que ía desempeñar. Con este novo desafío, Santosh atópase nunha zona rural onde a súa vida e a da comunidade son postas á proba. Cando aparece o corpo dunha nena de casta inferior, violada e asasinada, sente a responsabilidade de participar na investigación. Baixo a guía da carismática inspectora feminista Sharma, comeza a descubrir as grandes desigualdades sociais e a complexidade do sistema de xustiza, e loita non só por resolver o caso, senón tamén por atopar poder e unha voz de seu nun mundo que a ten relegada. 

Sandhya Suri (Darlington, Reino Unido). Directora e guionista formada na National Film and Television School do Reino Unido. Suri acadou recoñecemento co documental I for India (2005), que reflexiona sobre a emigración e a identidade. En Santosh Suri aborda cuestións de tradición, familia e xénero, combinando a súa característica sensibilidade visual coa análise de complexas dinámicas culturais. 

Sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2024

 

Duración: 
120 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Martes, 19 Novembro, 2024
22:00
Salón Teatro
Venres, 22 Novembro, 2024
16:30
Teatro Principal
MULTIMEDIA

SANTOSH | Official Trailer