CINEUROPA I DOCS CINEUROPA
Nanni Moretti
Italia / 80 min. / Documental / Italiano
Ficha técnica:
Guión: Nanni Moretti
Fotografía: Maura Morales Bergmann
Sinopse:
Existe unha historia pouco coñecida sobre o papel de Italia durante un momento crucial na historia chilena, en concreto, logo do derrocamento do Goberno democrático de Salvador Allende en setembro de 1973. A través de imaxes de arquivo dos anos e de entrevistas realizadas durante doce días no ano 2017, o documental reconstrúe o papel da embaixada italiana en Santiago de Chile nos meses seguintes ao golpe de Estado. Ponse o foco en particular na súa función de asilo para centos de persoas refuxiadas opositoras á ditadura militar de Augusto Pinochet, ás que se lles ofreceu a posibilidade de abandonar o país.
2018: mellor documental nos Premios David di Donatello