sús é o proxecto a solo da artista portuguesa Susana Nunes, unha proposta entre a electrónica experimental e o art pop que se move entre diferentes formatos de expresión artística, a
música electrónica de vangarda, o fado e a lírica portuguesa, sempre co son e a exploración da voz como vehículo principal.
Mel é un proxecto liderado por Lucas de Centi e Sandra Pérez que explora a mestura de diferentes estilos de música electrónica con elementos da música tradicional e do jazz. A súa aposta por un espectáculo baseado na improvisación conta coa participación de Antía Muíño na voz e con Miguel Arribas nos saxos e efectos sonoros.
Lucas de Centi – marimba, vibráfono e electrónica
Sandra Pérez - marimba, vibráfono e electrónica
Miguel Arribas – saxo
Antía Muíño - voz
Advertencia: Haberá algúns momentos nos que se usen efectos de luz estroboscópica que poden afectar a persoas con determinadas doenzas.