Teatro
Recomendado para alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º primaria
Ghazafelhos
Rubicundo é unha comedia dramática. Cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, que nos arrodean nas cousas máis pequenas. Fala da necesidade de prestar atención aos pequenos detalles, eses que fan os días grandes. Rubicundo fala da perseveranza, ilusión e o traballo como camiño á posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias…
Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Pasearemos a través do humor, a profundidade dos sentimentos, a música, a acrobacia ou o claqué, sen esquecer os principios da mecánica ou a técnica a pequena escala.
Ficha artística
Dirección e adaptación: Pepablo Patiño do conto Rubicundo de María Canosa finalista no premio da XXIX edición do Merlín de literatura infantil 2014.
Intérpretes: Pepablo Patiño, Móntse Piñón, Jorge Casas
Espazo sonoro: Teatro Ghazafelhos
Escenografía: Teatro Ghazafelhos
Foto: Juán Luís Rúa
Vídeo: Tingalaranga · Xosé Bocixa