ROTEIRO · OS MOSCOSO, DA GLORIA Á RUÍNA

DATOS BÁSICOS

Roteiros Patrimonio C ·  Os Moscoso, da gloria á ruína. Os condes esquecidos de Santiago

Achegar á veciñanza a riqueza patrimonial compostelá e reivindicar elementos destacados da historia e a memoria da cidade son os obxectivos dos Roteiros Patrimonio C, unha nova proposta de Compostela Cultura para os xoves de outubro, novembro e decembro, ás 19 horas.

Cada mes haberá unha serie de rutas temáticas guiadas e de balde que permitirán descubrir elementos e espazos patrimoniais pouco coñecidos, alén das vivencias, relatos e persoas que os poboaron. A liñaxe dos Moscoso é sen dúbida unha das máis relevantes na historia compostelá. A súa herdanza é visible en moitos lugares da cidade, a través do seu escudo de cabeza de lobo, e noutros xa desapareceu, como no renacentista pazo de Altamira onde hoxe se sitúa a Praza de Abastos. No mes de decembro, o itinerario  'Os Moscoso, da gloria á ruína. Os condes esquecidos de Santiago', permitirá ás participantes descubrir grandes historias arredor desta familia, como o secuestro do arcebispo Fonseca ou o motivo polo que perderon a súa gran fortuna e valiosas pezas de arte, tras a súa relación coa Familia Real. 

O prazo de inscrición para todos os itinerarios abrirá o luns 30 de setembro ás 12.00 horas e pechará unha vez se esgoten todas as prazas. 

Tanto a confirmación da praza como o punto de saída de cada ruta será comunicado ás persoas inscritas a través de correo electrónico. 

 

 

Duración: 
90 min (aprox.)
Entradas: 

 

  • Prazas esgotadas
  • O punto de encontro será comunicado ás participantes a través de correo electrónico
Funcións: 
Xoves, 5 Decembro, 2024
19:00
Varios lugares
Xoves, 12 Decembro, 2024
19:00
Varios lugares
Xoves, 19 Decembro, 2024
19:00
Varios lugares