ROMEO Y JULIETA DESPIERTAN

DATOS BÁSICOS

ENTRECAJAS PRODUCCIONES TEATRALES S.L. E TEATRO ESPAÑOL

Idade recomendada: > 18 anos

Duración: 100 min

Lingua: castelán

Foco A voltas cos Clásicos

 

Todos coñecemos a excelente e lamentable traxedia de Romeo e Julieta. Os amantes que preferiron morrer xuntos antes que vivir separados. Shakespeare di que a morte é o fin de todo e que Romeo e Julieta morreron abrazados no mausoleo de Verona. Agora 400 anos despois, ímosvos demostrar que Shakespeare se equivocara: Ana e Jesús vanvos contar a verdadeira historia deste amor prohibido. Julieta e Romeo espertan despois dun longo soño, pero non se recoñecen. Julieta só ve un cabaleiro desorientado e Romeo mira unha dama moi ben conservada. Os dous cren que aínda son un par de adolescentes. Julieta pensa que só durmiu un par de instantes e espera ansiosamente o seu eterno amado; Romeo en cambio non se lembra de nada. E así, o que sempre cremos que era o final da traxedia, é o comezo da verdadeira historia dos amantes máis famosos do mundo. Entre a felicidade de por fin poderen estar xuntos e a enorme tristeza de non ser quen de vivir unha vida enteira, xuntos os dous tentan pescudar como chegaron até aquí e que é o que aínda os une.

Elenco: Ana Belén, Jesús Noguero, Irene Rouco (violoncello), José Luis Torrijo (guitarra), David San José, Pablo Amorós (piano)

Dirección: Rafael Sánchez Autor: Eberhard Petschinka

Tradución: Luis Carlos Mateo Ruiz

Axudante de dirección: Roberto Mori

Espazo escénico e vestiario: Ikerne Giménez

Iluminación: Carlos Marquerie

Dirección musical: David San José

Asesora de movemento: María del Mar Navarro

Produción executiva: Susana Rubio

Dirección de produción: Chusa Martín

 

 

Duración: 
100 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 26 Xaneiro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia
Sábado, 27 Xaneiro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia