CINEUROPA
SECCIÓN OFICINAL· NOVAS/OS CINEASTAS
ROCK BOTTOM (2024)
María Trénor
España, Polonia / 86 min / Animación / Español
Ficha técnica:
Guión: María Trénor, Joaquín Ojeda
Edición: Joaquín Ojeda de Haro
Produción: Alba Sotorra Clua, Miguel Molina, Robert Jaszczurowski, Adán Aliaga, Joaquín Ojeda de Haro, Dani Bagur
[Por circunstancias alleas á organización de Cineuropa, o equipo da película non poderá viaxar a Compostela para participar nos coloquios co público]
Sinopse:
Rock Botton é a historia de amor autodestrutivo entre Bob e Alif, unha parella de artistas que viven o ambiente creativo e rompedor da cultura hippie dos anos 70. A súa relación florece nun verán apaixonado, pero as drogas transforman a súa vida nun pesadelo. Inspirada na vida e música de Robert Wyatt, a película explora a euforia e a angustia da creación artística, a fascinación inconsciente polas drogas, o desgaste provocado na parella pola rutina e a degradación física e mental que resulta da busca desenfreada de liberdade.
María Trénor (Valencia, España). Licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. Sempre combinou a docencia coa creación artística. As súas curtas levárona a participar en festivais como a Berlinale ou Sundance e valéronlle tamén unha nominación nos Premios Goya á mellor curtametraxe de animación.
Sección oficial do Festival Annecy 2024