RFG_PROXECTO SENSOXENOMA22

DATOS BÁSICOS

Sensoxenoma22 é un proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se abordará cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) perante do estímulo musical.

Isto farase cunha recollida de mostras biolóxicas a doantes voluntarios que permitirá estudar como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofrecerá a orquestra.

Recolleremos mostras de 400 asistentes ao concerto que deberán ter asinado previamente un consentimento informado. Para máis información: Sesión Informativa do 19 de setembro as 20 h no Auditorio de Galicia.

Elixe como participar:

- Asistir ao concerto como público xeral, sen doar mostras (convites dispoñibles nesta web desde o luns 5 de setembro ás 11.00 h)

- Asistir ao concerto e doar mostras (pincha aquí para máis información e solicitar asistir como doante)

+ info: contacto@sensogenomics.com

 

PROGRAMA CONCERTO

Baldur Brönnimann, director

Programa sorpresa

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de convites.

Dispoñibles o luns 5 de setembro ás 11.00 h

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 30 Setembro, 2022
20:30
Auditorio de Galicia