REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Sebastián Zinca, director
Olaia Novo, deseño do proxecto
Programa:
• Charles Ives: "The unanswered question"
• D. Shostakovich (Arr. Barshai): II y III mov. de Op. 110 a
• G. Mahler: I V mov. Adagietto de la Sinfonía No.5
• L.V. Beethoven: I mov. Allegro con brio de la Sinfonía No.5
Idade recomendada: ESO e Bacharelato
Duración: 50 min
Lingua: galego
Este concerto propón unha viaxe individual e colectiva de crecemento e descubrimento a través da ollada inconformista de diversos compositores. Quere amosar como Ives, Mahler, Beethoven e Shostakovich crearon a súa propia linguaxe para expresar, coas súas ideas musicais, a preocupación sobre temas existenciais que teñen que ver coa natureza do ser humano e coa súa relación co cosmos. Que é o tempo? Cal é o propósito da existencia? Que é o amor? Que nos sucede ao morrer? Como se pode expresar isto a través da música? Na inmensidade da creación, unha pregunta poderosa ten unha capacidade transformadora.