NOVOS BONOS RFG
Entre as novidades súa temporada máis inconformista, a Real Filharmonía de Galicia introduce este ano unha nova modalidade de abonos.
As persoas portadoras dos novos bonos FLEXIBLE 10 e FLEXIBLE 5 poderán acceder, respectivamente, a 10 ou 5 concertos da súa escolla entre todos os programados na tempada, sempre e cando aínda queden localidades dispoñibles. Estes abonos venderanse a partir do día 24 de setembro.
Inconformistas’ é o lema da nova temporada da A Real Filharmonía de Galicia, unha programación que pon foco en compositoras e compositores que ousaron desafiar as normas establecidas abrindo novos territorios sonoros. No curso 2024-25, a Orquestra terá como fío condutor a música de tres figuras destacadas da composición: parte de Ludwig van Beethoven, ‘o inconformista orixinal’ quen sentou as bases do repertorio orquestral moderno; detense tamén na figura de Hector Berlioz, grande experimentador da tímbrica, e esténdese ata o presente, coa atención na anovación compositora de Raquel García-Tomás.