REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
(EN)FOCO
Sebastian Zinca, director
- Roberto Gerhard: Suite do ballet Alegrías
- Roberto Gerhard: Sinfonía núm. 1
Coa participación do alumnado da EAEM
viaxe de volta
Este concerto monográfico homenaxea a un dos compositores españois máis importantes e descoñecidos, Roberto Gerhard. Exiliado xa durante a Guerra Civil en Cambridge e autor dun amplo catálogo, Gerhard compuxo cinco ballets completos, sendo Alegrías o cuarto. O seu aparente estilo andaluz está moi matizado polas disonancias e irónicas melodías modulantes que o arredan de estereotipos. O ton festivo e luminoso de Alegrías tórnase máis escuro e pesimista na Sinfonía núm. 1, estreada en Baden-Baden en 1955. Dedicada á súa dona Poldi Gerhard, a quen coñeceu na capital austríaca, onde traballaba dando clases de castelán para vivir, a sinfonía emprega xa no primeiro tema o dodecafonismo, no que Gerhard brillou como poucos compositores. En toda a peza latexa un ton sombrío, recordo das dúas guerras que tiñan asolado a biografía persoal do músico.