RFG · TERRITORIOS DA ENTROPÍA

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Sebastian Zinca, director

Judith Jáuregui, piano

  • Inés  Badalo: Entropía
  • Manuel de Falla: Noches en los jardines de España (orq. Bética)
  • Juan Crisóstomo de Arriaga: Sinfonía en Re

territorios da entropía

O concerto de hoxe trasládanos do caos á orde a través dunha viaxe que comeza con Entropía, da compositora luso-española Inés Badalo, unha lúcida reflexión a modo de xogo de texturas. Unha afirmación contra o caos é a vida e a obra de Manuel de Falla xa desde os seus anos de xuventude en París,  cidade que tivo que abandonar tras o estoupido da Primeira Guerra Mundial. Levaba na maleta os bosquexos de Noches en los jardines de España, un concerto para piano no que o impresionismo francés abraza o horizonte do andaluz, facéndoo universal. Tamén París moldeou o xenio do último compositor do concerto, Juan Crisóstomo Arriaga, chamado "o Mozart español", tan prodixioso como Mozart, e de morte aínda máis prematura, aos 20 anos. A súa Sinfonía en Re é unha testemuña única do seu talento.

CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h

Sebastian Zinca, director

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 22 Febreiro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia