REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Baldur Brönnimann, director
Darío Solari, barítono/narrador
- José Pablo Moncayo: Huapango (ver. cámara)
- Vicente Ascone: Cinco canciones al estilo popular rioplatense ·
- Alberto Ginastera: Estancia, op. 8 (ballet completo) ·
- Adolfo Mejía: Acuarela ·
- Arturo Márquez: Danzón núm. 2
sons latinoamericanos
Arxentina e México foron dous dos países de Latinoamérica que acolleron a un maior número de emigrantes e exiliados galegos; por iso, quixemos facer un programa homenaxe á súa música popular. Dos anos nos que Arxentina acolleu á diáspora galega é o ballet Estancia, composto polo rioplatense Alberto Ginastera no 1941. En Estancia agroman as raíces do folclore arxentino e da herdanza musical europea, nun estilo vencellado ao nacionalismo que o compositor irá abandonando progresivamente ata abrazar a linguaxe de vangarda. A presenza do narrador dalle a esta obra unha impronta moi orixinal. Nas composicións dos mexicanos de Moncayo, Blas Galindo e Márquez atopamos un claro exemplo de como a música popular azteca, con elementos do folclore e ritmos indíxenas, convive e se sincretiza coa (mal?) chamada música culta.
CONVERSANDO CON... Sala Mozart 19:45 h
Baldur Brönnimann e Darío Solari