Real Filharmonía de Galicia
senxosexoma
Baldur Brönnimann, director
Programa sorpresa
Sensoxenoma é un proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se aborda cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) perante do estímulo musical. En setembro de 2022 xa se fixo o primeiro concerto deste proxecto e agora repetimos.
Nel, faise unha recollida de mostras biolóxicas a doantes voluntarios que permitirá estudar como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofrecerá a orquestra.