RFG · ROMÁNTICA

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Baldur Brönnimann, director

Raquel García-Tomás: Ceci n’est pas une valse*
*Co-encarga da Real Filharmonía de Galicia, Palau de la Música Catalana, Orquestra Simfònica del Vallès, e Fundació Catalunya-La Pedrera. Estrea absoluta
Anton Bruckner: Sinfonía núm. 4 en Mi bemol maior “Romántica”.

Coa participación do alumnado da EAEM

CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Raquel García-Tomás
Sala Mozart, 19:45 h

 

ROMÁNTICA

Posuídora dunha linguaxe poliédrica, Raquel García-Tomás comparte moitos códigos sonoros co gran público. Este desexo comunicativo impregna Ceci n'est pas une valse, co-encargo da Real Filharmonía, que parafrasea musicalmente o cadro de Magritte e o texto de Foucault. Unha visión do mundo ben diferente é a de Bruckner, o compositor solitario e tímido que buscou ata a anguria o recoñecemento da crítica. Inseguro das súas creacións, que adoitaba revisar, a Sinfonía núm. 4 —chamada “Romántica” por el mesmo— gozou dun grande éxito na vida do compositor. Nela amosa o seu desmedido amor pola natureza, vista cos ollos dun wagneriano devoto. Bruckner non podía imaxinar cando a compuxo, no ano 1878, que chegaría a ser o compositor predilecto de Hitler e de Goebbels e que o mosteiro de Linz, onde estudou e está embalsamado, sería a sede da radiocorporación do 3º Reich na súa homenaxe.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 7 Novembro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia