RFG · OS ELEMENTOS

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Amandine Beyer, directora e primeiro violín

Jean-Féry Rebel: Les Élements
Elisabeth Jacquet de la Guerre: Céphale et Procris (Suite)
Jean-Marie Leclair: Scylla et Glaucus (Suite)
Jean Philippe Rameau: Zoroastre (Suite) e Les Fêtes d’Hébé (Suite)

CONVERSANDO CON… Amandine Beyer
Sala Mozart, 19:45h

OS ELEMENTOS

Discípulo de Lully, o compositor barroco Jean-Féry Rebel foi o director do aclamado conxunto Les 24 violons du Roi. A súa obra Les Élements percorre en sete seccións o singular camiño que vai desde o caos inicial á orde e beleza que os catro elementos traen ao universo: as frautas representan a auga e o aire; o baixo, a terra, mentres que os violíns simbolizan o lume. Este programa prosegue coa suite da ópera Céphale et Procris, da compositora e famosísima clavecinista Elisabeth Jacquet de la Guerre, obra que a fixo célebre no París de 1694. De la Guerre, a pesar dos seus éxitos, deixou de compoñer de maneira misteriosa. Pero se se fala de enigmas, a morte de Leclair, o compositor da suite Scylla et Glaucus, é sen dúbida unha das máis indescifrables da historia da música. Dúas suites de Rameau pechan un concerto repleto de xoias barrocas da música francesa, que trae aos atrís da RFG a artista en residencia Amandine Beyer.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 28 Novembro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia