REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Roberto Baltar, director
Tamar Novas, actor
Inés Salvado, actriz
Lorena Conde, dramaturxia
E. Grieg: Peer Gynt
Suite nº 1, op. 46
Suite nº 2, op. 55
Día de voda en Troldhaugen, op. 65, nº 6 (orq. F. J. Breuer)
O INCONFORMISTA · CONCERTO DE REIS
Se Edvard Grieg é o compositor máis coñecido de Noruega, Peer Gynt é a súa obra máis destacada. Ten a súa orixe na obra homónima do dramaturgo Henrik Ibsen, compatriota e amigo de Grieg, quen lle encargou facer a música incidental para esta historia insólita, que narra as peripecias dun personaxe extravagante e antiburgués. O compositor recrea musicalmente o mundo polo que transita o desenfadado protagonista: paisaxes sonoras nórdicas e orientais sitúan a Peer ante a pena pola morte de Aase —a súa nai—, o encontro cos trolls ou o rapto da noiva Ingrid. Grieg fixo dúas suites orquestrais da obra, que son as que adoitan ser interpretadas e que permiten diversas lecturas: música descritiva para unha historia de aventuras ou música que percorre o interior do corazón humano.