REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Aarón Zapico, director
- Charles Avison: Concerto grosso núm. 5 en Re menor, sobre as sonatas de Domenico Scarlatti
- José Castel: Sinfonía núm. 3
- Georg Philipp Telemann: Abertura “La Bizarre” en Sol Maior
- Johann Sebastian Bach: Sinfonía da Cantata “Am Abend aber desselbigen Sabbaths”
- Franz Xaver Richter: Grande Sinfonía núm. 4
- Joseph Haydn: Sinfonía núm. 30 en Do Maior “Alleluia”
le grand tour
Poucas viaxes foron tan simbólicas como a que emprendían os mozos europeos de clase alta destinados a liderar Europa: o grand tour levounos a coñecer as grandes obras de arte que os marcarían para sempre. Pezas coma as de Charles Avison, quen malia non saír nunca de Inglaterra escribiu os seus 12 Concerti Grossi como se fose un compositor italiano; ou José Castel, chamado no seu día o “Haydn español”, de cuxa inxente obra se interpreta a Sinfonía núm. 3; ou Georg Philipp Telemann, un dos músicos máis prolíficos da historia, con máis de 3.700 obras entre as que se atopa a suite-obertura La Bizarre. Bach é cita indispensable neste grand tour musical, como Frantisek Xaver Richter, mestre indiscutible da “Escola de Mannheim” coas súas inesquecibles 80 sinfonías, entre elas, A Grande. A nosa gran viaxe remata felizmente cun broche maiestático, a sinfonía núm. 30 de Haydn, sobrenomeada Aleluia.
CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h
Aarón Zapico