Inconformistas’ é o lema da nova temporada da A Real Filharmonía de Galicia, unha programación que pon foco en compositoras e compositores que ousaron desafiar as normas establecidas abrindo novos territorios sonoros. No curso 2024-25, a Orquestra terá como fío condutor a música de tres figuras destacadas da composición: parte de Ludwig van Beethoven, ‘o inconformista orixinal’ quen sentou as bases do repertorio orquestral moderno; detense tamén na figura de Hector Berlioz, grande experimentador da tímbrica, e esténdese ata o presente, coa atención na anovación compositora de Raquel García-Tomás.
No tecido deste fío narrativo, a temporada percorre a traxectoria e as obras de artistas incomprendidas/os no seu tempo cuxa pegada é hoxe indiscutible no gran repertorio musical: aos nomes de Franz Schubert, Anton Bruckner, Gustav Mahler, Charles Ives, Edgard Varèse, ou Frank Zappa —por citar só algúns deles—, súmanse os de mulleres como Marianne von Martinez, Elisabeth Jacquet de la Guerre, Ruth Crawford-Seeger, que contribuíron a traspasar fronteiras sonoras e de xénero.
ABONOS
A renovación dos pases de temporada realizarase os días 17, 18, 19, 20, 21 e 24 e 25 de xuño de 2024: no teléfono do Auditorio 981 571026, de 10:00 h a 14:00 h. Os novos abonos poderán tramitarse os días 26, 27, 28 de xuño e 16, 17, 18, 19 e 20 de setembro de 2024: no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 10:00 h a 14:00 h.
Abonos colectivos: Os días 16, 17, 18, 19 e 20 de setembro de 2024, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 11:00 h a 14:00 h.
• Haberá 50 abonos á venda a disposición de asociación culturais e veciñais, escolas de música e centros educativos públicos. Para a compra destes abonos deberá acreditarse documentalmente a pertenza aos colectivos especificados.
• Cada entidade poderá dispoñer dun único abono.
• Cada abono contén catro entradas por concerto.
• Deberá adquirirse o abono para toda a temporada.
• Serán asignadas filas e butacas unha vez rematada a renovación de abonos e compra de novos abonos.
• En caso de ter máis solicitudes que abonos colectivos dispoñibles, serán adxudicados por sorteo.
Abonos flexibles: As persoas portadoras dos bonos FLEXIBLE 10 e FLEXIBLE 5 poderán acceder, respectivamente, a 10 ou 5 concertos da súa escolla entre todos os programados na tempada, sempre e cando aínda queden localidades dispoñibles. Estes abonos venderanse a partir do día 24 de setembro.
MODALIDADE DE ABONO
ABONO A: outubro 2024 – maio 2025
22 Concertos: 357,00€
25% desconto: 267,75€
Abono especial: 178,50€
ABONO B: outubro 2024- xaneiro 2025
13 Concertos: 207,00€
15% desconto: 175,95€
Abono especial: 103,50€
ABONO C: febreiro - maio 2025
9 Concertos: 150,00€
15% desconto: 127,50€
Abono especial: 75,00€
(1): Abono Especial (para estudantes e persoas xubiladas co 50% de desconto)
(2): Abono Colectivo: 600,00€
ABONO FLEXIBLE 5 (5 concertos a elixir): 62,50€
ABONO FLEXIBLE 10 (10 concertos a elixir): 125,00€
VENDA DE ENTRADAS INDIVIDUAIS
Venda anticipada: a partir do día 24 de setembro.
Preferentemente deberase mercar as entradas en: compostelacultura.gal
Tamén de poderán adquirir en
• Na Zona C: Punto de información cultural (Preguntoiro, 1. Praza de Cervantes). De martes a sábado de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h.
• No despacho de billetes do Auditorio de Galicia, só os días do concerto de 19:30 h a 20:30 h.