REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
(EN)FOCO
Sebastian Zinca
- Hannah Kendall: Tuxedo*
- Missy Mazzoli: River Rouge Transfigurations
- Florence Price: Sinfonía núm. 1
* Estrea en España
herdanza africana
Tres compositoras protagonizan esta proposta. A británica Hannah Kendall leva á música clásica o seu compromiso racial introducindo chifres da policía neoiorquina ou espirituais negros, como en Tuxedo: Vasco de Gama. Un compromiso ético similar é o de Missy Mazzoli, quen estrea nos teatros de ópera máis importantes do mundo, sendo a primeira muller en recibir unha encarga do MET de New York, en 2018. A súa obra River Rouge Transformations rende homenaxe ao Detroit dos tempos míticos, a partir dunha idea de transformación masiva de ruídos. O programa finaliza con Florence Price, a primeira muller afroamericana recoñecida como compositora sinfónica, a pesar de que compoñer non puido ser o seu único traballo. A Sinfonía núm. 1 foi estreada en 1933 en Chicago e loada como obra maxistral. Tiveron que pasar 91 anos para que nós agora poidamos desfrutala.
Concertos (EN)FOCO
O ciclo (EN)FOCO propón concertos comentados dunha hora de duración para achegar a música clásica a quen se achega a ela por vez primeira. Desta volta, os comentarios ao programa serán realizadas polo director Sebastian Zinca.