REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Maximino Zumalave, director
Carmen Buendía, soprano
- Manuel Balboa: Saturnal
- Osvaldo Golijov: Lúa descolorida*
- Wolfgang Amadeus Mozart: Exsultate Jubilate, K.165 (158a)
- Franz Schubert: Sinfonía núm. 6 D.589, en Do Maior
*Estrea en España
En colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago
exsultate jubilate
O presente e o pasado danse a man neste programa con obras contemporáneas e do gran repertorio. En Saturnal, de Manuel Balboa, aflora a estética intimista e o uso tan persoal das cores tímbricas que impregnan as obras orquestrais do músico coruñés, falecido no 2004. Galicia está tamén presente en Lúa descolorida, peza para voz e orquestra composta polo arxentino Osvaldo Golijov sobre o poema de Rosalía de Castro, escrita cun exquisito sentido lírico. A voz feminina protagoniza tamén o motete mozartiano Exsultate Jubilate, unha das pezas vocais máis festivas e coñecidas do salzburgués, escrito orixinariamente para castrato. O concerto remata coa Sinfonía núm. 6 de Franz Schubert, unha das obras máis italianizantes do mestre vienés que nunca chegou a escoitala en vida.
CONVERSANDO CON... Sala Mozart 19:45 h
Maximino Zumalave