RFG · ESTRELAS FANTÁSTICAS

DATOS BÁSICOS

Baldur Brönnimann, director
Alena Baeva, violín

Raquel García-Tomás: Las constelaciones que más brillan
Karol Szymanovski: Concerto para violín e orquestra núm. 2, op. 61
Hector Berlioz: Sinfonía Fantástica, op. 14

Coa participación do alumnado da EAEM

CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Raquel García-Tomás
Sala Mozart, 19:45hRaquel García-Tomás é a compositora en residencia da presente temporada; a súa obra Las constelaciones que más brillan ofrece unha ollada luminosa ao cosmos, con sons agudos de estrelas e graves de nebulosas, e con Ravel como luz inspiradora. Szymanovski, o compositor polaco máis importante despois de Chopin, evoluciona desde o impresionismo ata a música de raíz popular alla maniera de Stravinski; un exemplo é o Concerto para violín núm. 2, de 1933, unha explosión de alegría a pesar da tristeza da súa vida persoal e política. Difícil foi tamén a vida de Berlioz, encarnación do ideal romántico, exaltado e temperamental, retratado na súa Sinfonía Fantástica. Escrita para unha enorme orquestra, impensable na época, transcorre como unha sucesión de movementos orquestrais biográficos: no cuarto movemento escóitase como a orquestra lle corta, directamente, a cabeza.

 

Ao final do concerto servirase un viño de cortesía

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 3 Outubro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia