RFG · DESAFIANTES

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Nil Venditti, directora
Noelia Rodiles, piano

Ludwig van Beethoven: As criaturas de Prometeo, op. 43 (Abertura)
Wolfgang Amadeus Mozart: Concerto para piano en La maior núm. 12, KV 414
Marianne von Martinez: Concerto para piano en La maior
Franz Schubert: Sinfonía núm. 2 en Si bemol maior D. 125

CONVERSANDO CON… Nil Venditti
Sala Mozart, 19:45h

DESAFIANTES

Unha temporada que ten como lema "Inconformistas" tiña que dedicar un lugar salientable a Beethoven, quen asumiu enormes riscos construtivos e estéticos, renovando tanto a linguaxe musical como o sentido ético da existencia. Do seu ballet As criaturas de Prometeo só se conserva a música, na que a abertura é unha parte esencial. Inconformista foi tamén Marianne von Martinez, quen, a pesar do seu recoñecemento como compositora, nunca puido ocupar un posto profesional como o de Konzertmeister, cargo que si ostentou o seu compatriota Mozart. De ambos soarán os seus Concertos para piano en La maior, tan extraordinarios como diferentes. Vienés como von Martinez, Schubert compuxo a Sinfonía núm. 2 en 1815, unha obra na que utiliza material do Prometeo de Beethoven e na que amosa todo o seu xenio creativo, a pesar do cal ningunhas das súas nove sinfonías foron estreadas en vida do compositor.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 5 Decembro, 2024
20:30
Auditorio de Galicia