REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Pablo González, director
- Roberto Gerhard: Albada, interludi i dansa
- Arnold Schoenberg: Sinfonía de cámara núm. 2
- Antonín Dvořák: Sinfonía núm. 9 en Mi menor, op.95 ‘Do Novo Mundo’
Coa participación do alumnado da EAEM
dende o exilio
Outra das escollas desta temporada é Roberto Gerhard, compositor catalán exiliado en Cambridge que gozou dun gran recoñecemento internacional mentres en España era silenciado pola dictadura. Autor dun amplo catálogo, a obra Albada, interludi i dansa, estreouse durante a Guerra Civil como un berro de liberdade, construído cun orixinal uso do atonalismo e da música popular. O seu mestre, o xudeo austríaco Arnold Schoenberg escribiu no seu exilio nos Estados Unidos a Sinfonía de cámara núm. 2, obra que lle levou 33 anos e na que se afasta do dodecafonismo para construír unha música de cativadora amplitude tonal. O concerto péchase coa Sinfonía do novo mundo do checo Antonín Dvořák na que se atopan melodías populares americanas e bohemias, estas últimas tan do gusto do público que fixeron del un dos compositores máis recoñecidos en vida.
CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h
Pablo González