REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Jessica Cottis, directora
Raquel García-Tomás: Blind Contours núm. 2
Brett Dean: Testament
Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 7 en La maior, op. 92
Coa participación do alumnado da EAEM
CONVERSANDO CON… Jessica Cotis
Sala Mozart, 19:45 h
CONTORNOS
A artista en residencia Raquel García-Tomás concibe a súa música como un fluído comunicativo coa videocreación e as artes visuais. En Blind Contours núm. 2 traslada á partitura este concepto da ilustración, que permite debuxar o perfil dun obxecto sen mirar o papel; así, a liberdade dos intérpretes marca o carácter definitivo desta peza. Un certo aroma de despedida teñen as seguintes obras no programa: Testament, do australiano Bret Dean, rende homenaxe a Beethoven cos seus sons iniciais de desesperación nas cordas e con citas do seu primeiro cuarteto. O legado que o músico de Bonn fixo á humanidade inclúe a Sinfonía núm. 7, obra excepcional eclipsada pola Pastoral. Dominada por un ritmo frenético, Schumann veu na Sétima a alegría dun día de voda mentres que o crítico d’Ortigue a recibiu como unha procesión á ultratumba. Beethoven non deixa lugar a medias tintas.