REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO (19 de decembro)
Proxecto colaborativo con Coros de Galicia
Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia
Javier Fajardo, director
Susana García Pico, soprano
Alberto Miguélez, contratenor
Antonio Vivaldi: Gloria, RV 589
Georg Friedrich Haendel: O Mesías (extractos)
CONVERSANDO CON… Javier Fajardo
Sala Mozart, 19:45h
CANTAMOS!
Unha das poucas experiencias máis satisfactorias que escoitar música xuntos é facer música xuntos. Neste concerto participativo, orquestra e público traspasan as fronteiras convencionais entre intérpretes e audiencia para mergullarse, como un colectivo, no Gloria RV 589, o máis coñecido do prete rosso. Vivaldi desenvolve nesta obra un dos primeiros exemplos de unión entre estilo antico e novo, a través de fortes contrastes emocionais, ambiente ideal para achegarse á música participativa máis viral desde que se compuxo en 1742. O Mesías de Haendel contén unha exaltación de alegría tan contaxiosa que cando se interpretou o Aleluia na estrea (na Semana Santa e non no Nadal) o rei de Inglaterra levantouse do asento e, por protocolo, con el todo o público, polo que hoxe en día continúa escoitándose de pé en Londres.