RFG · 2º OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

FÓRA DE ABONO

Jordi Francés, director
José María Sánchez-Verdú, profesor de composición

Obras seleccionadas do alumnado do obradoiro

En colaboración co Festival Resis

2º OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN

A Real Filharmonía de Galicia organizará no mes de maio un novo obradoiro de composición. Ao final da actividade, terá lugar no Auditorio de Galicia un concerto aberto ao público para presentar o resultado do desenvolvemento destas composicións inéditas. Esta iniciativa está contemplada dentro do compromiso da RFG coa nova creación sinfónica e coa nova xeración de compositores e compositoras. O director Jordi Francés e o compositor José María Sánchez-Verdú serán os mentores deste taller.

Durante os días que durará o obradoiro, os seus participantes terán a oportunidade de discutir aspectos prácticos das súas composicións e ensaiar as obras presentadas. Unha oportunidade para os creadores de enriquecer a súa experiencia no eido da composición orquestral e tamén unha ocasión para incrementar o repertorio da RFG.

Entradas: 
  • Entrada libre até completar capacidade
Funcións: 
Venres, 9 Maio, 2025
20:30
Auditorio de Galicia