CINEUROPA ·
SECCIÓN OFICIAL · DOCS CINEUROPA
RETAGUARDIA (2024)
Ramón Lluís Bande
España / 70 min / Documental / Español
Ficha técnica:
Guión: Ramón Lluís Bande
Fotografía: Constantino Suárez
Edición: Ramón Lluís Bande
Produción: Vera Robert
Tras a proxección do filme, coloquio co director Ramón Lluís Bande
Sinopse:
Este filme ficciona a reconstrución dunha colección de películas imaxinarias que potencialmente se puideron rodar no ano 1937 en Asturias. Imaxina así un posible cinema de propaganda impulsado desde as institucións e as organizacións políticas e sindicais republicanas asturianas que ben puido desenvolver o equipo xornalístico do diario socialista Avance. O filme apóiase nas series de fotografías de Constantino Suárez e nos textos de Ovidio Gondi, Juan Antonio Cabezas ou Juan Manuel Vega Pico e propón a arqueoloxía dunha posibilidade e, asemade, transforma esa posibilidade, agora si, en cinema.
Ramón Lluís Bande (Xixón, España) é un director que, a través das súas obras, ofrece unha ollada profunda á memoria histórica e á identidade cultural de Asturias. A súa obra amosa o seu compromiso co patrimonio cultural asturiano e o seu devezo por contar aquelas historias que a sociedade tende a esquecer. A súa traxectoria artística está marcada pola interdisciplinariedade, combinando cinema, poesía e música, e sempre co obxectivo de explorar a riqueza e complexidade da experiencia humana en Asturias.
Seleccionada no Festival Internacional de Cine de Xixón 2024