CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL· NOVAS/OS CINEASTAS
SECCIÓN PARALELA ·LATIDOAMERICANO
REAS (2024)
Lola Arias
Arxentina / 79 min / Documental / Español
Ficha técnica:
Guión: Lola Arias
Música: Ulises Conti
Fotografía: Martin Benchimol
Sinopse:
Yoseli ten unha tatuaxe da Torre Eiffel nas costas e sempre quixo viaxar, pero foi arrestada no aeroporto por tráfico de drogas. Nacho é un home trans que foi detido por estafa e fundou unha banda de rock na prisión. Xentís ou rudos, louras ou afeitados, cis ou trans, persoas que levan moito tempo na cadea ou outras que veñen de ingresar: neste musical híbrido, todos recrean as súas vidas nunha prisión de Bos Aires. Unha obra colectiva que reinventa o xénero musical e onde os intérpretes bailan e cantan sobre o seu pasado na prisión, reviven a súa vida como ficción e inventan, a través da fantasía e da imaxinación, un futuro posible para eles mesmos.
Lola Arias (Bos Aires, Arxentina). Escritora, cantante e directora de cine e teatro con obras traducidas a máis de sete idiomas e presentadas en festivais internacionais en cidades como Zúrich, Nova York e Berlín. Estudou letras na Universidade de Bos Aires e dramaturxia en Londres e Madrid. As súas creacións abordan realidades a través da experiencia, e destaca nelas a súa colaboración con protagonistas reais no canto de actores, e a mestura de ficción e realidade no que se coñece como teatro documental.
Premio Sebastiane no Festival de San Sebastián 2024
Premios Golden Alexander e Mermaid no Festival Internacional de Documentais de Tesalónica 2024
Nominada ao premio Teddy da Berlinale 2024