RASTROS

DATOS BÁSICOS

CONDETRESPÉS

Estrea absoluta

Esther, a protagonista de Rastros, é unha muller descaradamente libre. Seguramente anticipada aos tempos de hoxe. Acostuma a dicir o que pensa e facer o que sinte, sen prexuízos. Intentou evitalos pero sen éxito. É un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe. Rastros pivota sobre a súa liberdade e, ao mesmo tempo, polas debilidades que a fan muller galega do seu tempo.

ESTHER: Xa ves! O mundo é un pano cheo de mocos. E algúns deles son teus.

Autor: Roberto Vidal Bolaño

Dirección: Lois Blanco

Reparto: Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera, Mateo Franco

Adaptación: Lois Blanco

Escenografía: Diego Valeiras

Deseño son: Dani Juncal

Deseño iluminación: Dani Juncal

Vestiario: Diego Valeiras

Coprodución co Centro Dramático Galego

 

#posfunción: 4 de marzo ao remate do espectáculo

Idade recomendada: > 16

Lingua: galego

 

Duración: 
110 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • 12 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 4 Marzo, 2022
20:30
Teatro Principal
Sábado, 5 Marzo, 2022
20:30
Teatro Principal