RAFEEF ZIADAH · RECITAL POETICO

DATOS BÁSICOS

A artista palestina Rafeef ZIadah ofrece no Teatro Principal un recital de poesía contra a barbarie. Os versos da poeta únense á música Phil Monsour nunha iniciativa que leva por título 'Xenocidio Nunca Máis' e que busca denunciar o masacre e reivindicar o dereito das refuxiadas palestinas a regresar á súa casa.

Poeta, activista polos dereitos humanos e académica en ciencias e políticas públicas, Ziadah pertence á terceira xeración de refuxiadas na loita palestina e a supervivencia e utiliza a poesía "como resistencia fronte a guerra, o exilio, a opresión de xénero e o racismo".

Especialmente coñecida na contorna internacional polas súas performances poéticas, é celebrada polas súas cativadoras actuacións e as súas vívidas narracións. A súa interpretación de poemas como 'We Teach Life, Sir' e 'Shades of Anger' fíxose viral aos poucos días da súa publicación. “Three Generations” o último disco de Rafeef, convida as oíntes a unha conmovedora viaxe por Palestina e o mar Mediterráneo.
Rafeef recibiu a subvención do Ontario Arts Council do programa Word of Mouth para producir o seu álbum debut Hadeel e foi escollida para representar a Palestina na South Bank Center Poets Olympiad. Máis aló das actuacións en directo, fomenta o apoderamento a través de obraoiros de palabra falada, creando espazos para a autoexpresión e a narración de historias.

 

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Mércores, 18 Decembro, 2024
20:00
Teatro Principal