CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
QUAND VIENT L'AUTOMNE / CANDO CAE O OUTONO (2024)
François Ozon
Francia / 102 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Hélène Vincent, Josiane Balasko, Pierre Lottin, Ludivine Sagnier, Sophie Guillemin
Ficha técnica:
Guión: François Ozon, Philippe Piazzo
Fotografía: Jérôme Alméras
Edición: Anita Roth
Produción: François Ozon
Sinopse:
Michelle vive unha xubilación tranquila nunha viliña de Borgoña xunto á súa mellor amiga, Marie-Claude. Todo vai ben ata que polo día de Todos os Santos chega a súa filla Valérie, que lle leva o seu neto Lucas para deixalo alí a semana de vacacións escolares. A situación complícase cando, estresada pola visita, Michelle prepara uns cogomelos silvestres tóxicos e llos dá ao neno. O que inicialmente parecía un infortunio vira cara a un enredo inusual, especialmente cando Michelle coñece o fillo de Marie-Claude, que acaba de saír da cadea.
François Ozon (París, Francia). Director de cine e guionista. Considérase un dos cineastas franceses modernos máis importantes. As súas películas caracterízanse pola súa beleza estética, un agudo humor satírico e unha visión liberal da sexualidade humana. Entre as súas películas figuran, entre outras, Dans la maison (2012) Cuncha de Ouro e premio do xurado ao mellor guion en San Sebastián, 8 femmes (2002) ou Grace à Dieu (2018), gran premio do xurado na Berlinale de 2018.
Premio ao mellor guión e Cuncha de Prata ao mellor actor de reparto (Pierre Lottin) no Festival de San Sebastián 2024