CINEUROPA· PANORAMA INTERNACIONAL
PUAN (2023)
María Alché, Benjamín Naishtat
Arxentina, Italia, Alemaña, Francia, Brasil / 111 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Marcelo Subiotto, Julieta Zylberberg, Alejandra Flechner, Mara Bestelli, Leonardo Sbaraglia
Ficha técnica:
Guión: María Alché, Benjamín Naishtat
Fotografía: Hélène Louvart
Edición: Livia Serpa
Produción: Federico Eibuszyc, Bárbara Sarasola Day, Bárbara Francisco Mendivil
Sinopse:
Marcelo dedica a súa vida ao ensino de filosofía na Universidade de Bos Aires. Cando o profesor Caselli, o seu mentor, morre inesperadamente, Marcelo asume que herdará o posto de titular de cátedra que queda vacante. O que non imaxina é que Rafael Sujarchuk, un carismático e sedutor colega, regresará do seu pedestal nas universidades europeas para disputar esa mesma cátedra. Os torpes esforzos de Marcelo por demostrar que é o mellor candidato desencadearán un duelo filosófico, mentres a súa vida e o país entran nunha espiral de caos.
María Alché (Bos Aires, Arxentina). Gañou coa súa primeira longametraxe, Familia sumergida (2018), o Premio Horizontes en San Sebastián.
Benjamín Naishtat (Bos Aires, Arxentina). Obtivo a Cuncha de Prata á mellor dirección en San Sebastián coa súa terceira longametraxe, Rojo (2018), que tamén foi galardoada cos premios ao mellor actor e á mellor fotografía.
Premio do xurado ao mellor guión e á mellor interpretación protagonista en San Sebastián 2023