PROXECTO REMOLQUE. OBRADOIRO DE CINEMA EXPANDIDO

DATOS BÁSICOS

Proxecto Remolque é un obradoiro de cinema expandido para toda a familia dirixido polo cineasta e proxeccionista Cris Lores, quen, acompañado polos artistas e tamén cineastas Belén Veleiro e Alberte Pagán, ensinará ao público asistente a realizar as súas propias películas en celuloide reutilizando vellos (e belos) tráilers de 35 mm.

Un xeito moi divertido de coñecer a historia do cinema que de seguro fará as delicias tanto de adultos coma dos máis pequenos da casa.

Un xeito moi divertido de coñecer a historia do cinema que de seguro fará as delicias tanto de adultos coma dos máis pequenos da casa.

Imparte o obradoiro Cris Lores coa colaboración de Alberte Pagán e Belén Veleiro.

Para todos os públicos.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de convite

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 20 Novembro, 2021
12:00
Auditorio de Galicia