PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS

DATOS BÁSICOS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

Temos os nosos espazos culturais coa capacidade das salas ao 100%.

Normas xerais:

Están vixentes as nosas normas xerais de acceso aos espectáculos e condicións de venda de entradas que podes consultar aquí.

Neste momento non é obrigatorio o uso de máscara, tal e como recolle o Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obligatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

A nosa recomendación é que se siga usando a máscara.

Entradas: 

RECOMÉNDASE A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS EN LIÑA

Retirada de entradas en liña: compostelacultura.gal

Retirada de entradas presencial:

  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Teléfono 981 542 462 [Horario especial en agosto: aberto de martes a sábado, de 11 a 14 h]
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
Funcións: 
Martes, 23 Xuño, 2020 a Martes, 31 Maio, 2022
Varios lugares