PROTO (SN1806)

DATOS BÁSICOS

PROTO (SN1806)
JANET NOVAS

Idade recomendada: público adulto
Duración: 75 min
Foco Creadoras de escena
 

PROTO (SN1806) é o resultado de investigación de dez anos de traballos en solitario de Janet Novás, caracterizados fundamentalmente pola súa relación co enerxético a partir do movemento, a música, a caixa escura, a iluminación e coa mirada do espectador. Todas estas relacións permitírona achegarse a un tipo específico de fisicalidade, de presenza corporal, un determinado tipo de imaxes e accións e unhas relacións específicas cos obxectos. Unha viaxe introspectiva que agora necesita expandirse e tomar outras formas máis aló do seu corpo. 
«PROTO (SN1806) responde as intuicións e anhelos que se abriron nesta longa viaxe. Cando a miña natureza está máis preto á dun animal que á dunha máquina. Cando o meu corpo comeza a romperse por dentro. Cando o que te definiu deixa de estar. Cando o corpo che pide que pares a berros. Cando amas o que fas pero por algún motivo non podes facelo ou custa demasiado. Cando te culpas por non chegar. Cando te culpas por non saber. Cando tes que ser máis cousas do que es e non deixas espazo para o que es. Cando te convertes nun produto para ser devorada. Cando o sensible deixa de ser un dereito. Cando falar alto se impón. Cando todo isto chega quizais é o momento de cuestionarse se é posible crear outro lugar onde o humano poida existir sen esforzo. Entón aparece PROTO (SN1806). Unha viaxe desde o máis terreal ao máis astral. Un espazo para salvarse e ser salvada, para crecer e abrir, para habitar o non saber que sabemos, sen medo» Janet Novás


Dirección: Janet Novás 
Elenco: Yuantao Gorriz, Julia Kayser e Danielle Mesquita
Dramaturxia: Ricardo Santana
Acompañamento artístico: Pablo Lilienfeld
Deseño sonoro: Carlos Parra, L´Voix e Julián D’Avino
Deseño de iluminación: Cristina Bolívar
Vestiario: Raquel Buj
Produción: Adriana Reyes

Coprodución: Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego, Festival TNT e Auditorio de Tenerife
Co apoio de: Centro de Danza Canal, Losdedae e La Caldera

Foto: Virginia Rota
 



 

 

Duración: 
65 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 23 Maio, 2025
20:30
Teatro Principal