PROGRAMA ESPECIAL | ATURUXO FILMS: IMAXINANDO MÚSICAS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

ACTIVIDADES PARALELAS

Proxecto pedagóxico de alfabetización cinematográfica que se desenvolve desde hai 15 anos no IES de Cacheiras e que ten como obxectivo principal a aprendizaxe da linguaxe cinematográfica para fomentar o pensamento crítico a través da creatividade e a sensibilización social e cidadá. En colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela xorde o proxecto Imaxinando Músicas como espazo de creación de cinema e música para o alumnado de ambos os dous centros. Recibiu o Premio Nacional de Boas Prácticas Educativas 2019 do Ministerio de Educación, entre outros recoñecementos, e conta con máis de 60 premios en festivais de cinema nacionais e internacionais para as obras creadas polo alumnado.

Nesta sesión vaise proxectar unha selección destas obras e coa interpretación en directo dalgunhas das súas bandas sonoras.

TERMINAL (2007 / 4º ESO / 30 s)

Microrrelato cinematográfico.

Equipo creativo: Sonia Iglesias, Jesús Mañá, Elena Junquera, Martina Sanín, Ismael Dono, Patricia Seoane, Camilo Méndez e Alba Formoso

EN LIÑA (2017 / 4º ESO / 3 min)

Nun ambiente estraño as persoas relaciónanse de diferentes xeitos.

Dirección: Miguel Calvo, Marta Calvo e Álvaro Silvade

Música: Sandra Galera

1º Premio de Secundaria e Bacharelato no Cinema Jove 2016 (Valencia)

Premio de Fotografía no Festival Olloboi 2016

MÁIS ALÓ (2017 / 4º ESO / 2 min)

Reflexión sobre as redes sociais e as relacións sociais.

Dirección: Ainhoa Botana, Rosana Seijas e Sara Méndez

1º Premio de Secundaria e Bacharelato CINEDFEST 2017 (Canarias)

PERSOAS (2014 / 4º ESO / 15 min)

Catro persoas vense obrigadas a abandonar o seu fogar por diferentes conflitos.

Dirección: Rafa Rey

Produción: Lara Pouso e Olalla Suárez

Música: Sandra Galera

1º Premio no Festival Internacional de Bellavista (Arxentina)

Premio Alfabetización Audiovisual 2014 do Ministerio de Educación

ESTA SON EU (2017 / 4º ESO / 11 min)

Ela, cansada de situacións inxustas no ambiente que a rodea, decide cambiar e toma unha drástica decisión nunha sociedade dominada polo home.

Dirección: Yaiza Suárez e Martín Mondragón

Música: Sandra Galera

1º Premio de Secundaria e Bacharelato CINEDFEST 2018 (Canarias)

Premio mellor montaxe no Festival Olloboi 2017

VALS Nº 1 (2016 / 4º ESO / 7 min)

Creación visual a partir da música de Sandra Galera.

Dirección: Miguel Calvo, Mauro Bértola e Raúl Fernández

Música: Sandra Galera

1º Premio categoría Videoclip ESO Emove Festival 2017 (Madrid)

O MEU MELLOR INIMIGO (2017 /4º ESO / 4 min)

Todos temos medos.

Dirección: Marcela Taracido e Ana Veiga.

Música: Inés Mirás

1º Premio de Secundaria e Bacharelato no Begiradak Zinemaldia 2017 (Donostia)

1ª Mención no Festival Internacional de Bellavista (Arxentina) 2017

BACKGROUND (2019 / 1º BAC / 5 min)

Creación visual a partir dunha composición musical de Inés Mirás.

Dirección: Aldán Creo, Agustín Suárez e Pedro Guerra

Música: Inés Mirás

1º Premio Categoría Videoclip ESO no Emove Festival 2019 (Madrid)

Premio Videoarte no Festival Olloboi 2021

ESPAZOS ABERTOS (2018 / 1º BAC / 6 min)

Reflexión sobre a integración social das persoas con enfermidades mentais.

Dirección: Xana Rodríguez, Irene Rodríguez, Rubén Pérez e Antía Rosende

Música: Sandra Galera

1º Premio documental no Cine Base Escac 2019 (Barcelona)

1º Premio documental no Festival Olloboi 2019

DIARIO ADOLESCENTE (2017 / 4º ESO / 5 min)

Reflexións persoais sobre emocións e sentimentos como anotacións nun diario.

Varios autores

1º Premio Fescila 2019 (La Almunia)

RESPIRAR (2017 / 4º ESO / 7 min)

Unha testemuña valente e xenerosa.

Dirección: Miriam Bello e Miriam Canicoba

Fotografía: Andrés Couso

Protagonista: Noelia Míguez

1º Premio Categoría Documental Bacharelato no EMOVE Festival 2022 (Madrid)

1º Premio Secundaria – Bacharelato no Festival MICE 2022 (Valencia)

Duración: 
90 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Martes, 15 Novembro, 2022
18:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA