PREMIO CINEUROPA: FLAVIA CASTRO + DIÁRIO DE UMA BUSCA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · PREMIO A FLÁVIA CASTRO

DIÁRIO DE UMA BUSCA (2010)
Flávia Castro
Brasil, Francia / 105 min / Documental / Portugués, español, francés
Ficha artística: Alfonso Míguez, Pilar Soto, Lorena Iglesias, Emilio Buale
Ficha técnica:
Guión: Flávia Castro
Fotografía: Paulo Castiglioni
Edición: Flávia Castro
Produción: Estelle Fialon, Mauricio Andrade Ramos, Flávia Castro
Sinopse:
Outubro de 1984: Celso Castro, xornalista cunha longa historia de militancia de esquerdas, aparece morto no apartamento dun suposto ex oficial nazi, ao que entrou pola forza. O episodio, digno dunha película de suspense, é o punto de partida para Flávia Castro, filla de Celso e directora do filme, que decide reconstruír a historia da vida e da morte dese home singular que foi o seu pai. A viaxe é no tempo e na xeografía: a directora regresa a Porto Alegre, Santiago de Chile, Bos Aires e París buscando os escenarios do camiño familiar e do fracaso dun proxecto político. As voces imbricadas de Celso (a través das súas cartas) e da súa filla constrúen o retrato íntimo dunha relación marcada pola Historia e a ausencia.

Mellor documental no Festival do Rio 2010
Mellor documental no Festival de Biarritz 2010
Premio especial do xurado no Festival de La Habana 2011
Mellor película no Doclisboa 2011


Flávia Castro (Porto Alegre, Brasil). Con cinco anos tívose que exiliar do Brasil. Viviu en Chile, Arxentina, Bélxica e Francia. Alterna os seus traballos como cineasta entre a ficción e o documental. Como guionista e investigadora traballou con grandes documentalistas, como Richard Dindo (Ernesto Che Guevara, le journal de Bolivie, 1994), Philippe Grandrieux (Jogo do Bicho, 1995), e Eduardo Escorel (Imagens do Estado Novo, 2015). A súa primeira longa de ficción, Deslembro, estreouse na sección oficial Orizzonti do Festival de Venecia no 2018.

 

Duración: 
108 MIN
Entradas: 
  • Entrada de balde previa retirada de convte (dipoñibles o día 18 de novembro)

INFO XERAL ENTRADAS CINEUROPA

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Mércores, 20 Novembro, 2024
20:15
Salón Teatro