A 37ª edición de Cineuropa distingue a traxectoria da actriz Ana Torrent, que estará en Compostela para recibir o galardón.
Tras a cerimonia de entrega poderemos ver o filme Sobre todo de noche.
SOBRE TODO DE NOCHE (2023)
Víctor Iriarte
España, Francia, Portugal / 109 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Lola Dueñas, Ana Torrent, Manuel Egozkue, María Vázquez
Ficha técnica:
Guión: Isa Campo, Andrea Queralt, Víctor Iriarte
Fotografía: Pablo Paloma
Edición: Ana Pfaff
Produción: Isa Campo, Isaki Lacuesta, Tamara García, Katixa Silva, Valérie Delpierre, Pablo Iraola, Andrea Queralt
Sinopse:
Cando Vera era nova, non se puido facer cargo do seu fillo e tivo que dalo en adopción. Anos despois, cando quixo saber se todo saíra ben, as institucións dixéronlle que o seu expediente non existía. Dende aquela segue a buscar o seu fillo. Cando Cora era nova, o seu médico díxolle que non ía poder ter fillos e que a única maneira de formar unha familia era adoptando. Cora dedicou a súa vida a dar clases de piano e a coidar do seu fillo adoptivo Egoz, que está para cumprir 18 anos. Agora, os camiños destes tres personaxes —unha nai, un fillo, unha nai— están a piques de se cruzar. E este encontro mudará os seus destinos para sempre.
Víctor Iriarte (Bilbao, País Vasco). Artista, cineasta e programador cinematográfico. Axudante de dirección na primeira longa de Isaki Lacuesta, Cravan versus Cravan (2001), foi director de fotografía de Buenas noches, España (2011), de Raya Martin. Creou a súa produtora Cajaconcosasdentro no 2005 e dende aquela desenvolve unha obra cinematográfica e audiovisual presente no circuíto internacional de festivais e centros de arte contemporánea. Sobre todo de noche é a súa primeira longametraxe de ficción.
Sección Giornate degli Autori no Festival de Venecia 2023
Premio FIPRESCI da crítica internacional na SEMINCI 2023