PREFIRO CONDENARME

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

PREFIRO CONDENARME (2024)

Margarita Ledo Andión

Galicia / 88 min / Non-ficción / Galego, francés

Ficha artística:

Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro, Antón Lopo

Ficha técnica:

Guión: Margarita Ledo Andión, Eva Veiga

Fotografía: Alberte Branco

Edición: Clara G. Nieto

Produción: Olaia Ledo, Nati Juncal, Bea Villar, Carmen Ciller


Tras a proxección, coloquio co equipo do filme


Sinopse:

A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, atravesada pola ditadura e a transición, enfróntanos a unha nai díscola, unha esfera familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á vez que o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.

Margarita Ledo Andión (Castro de Rei). Catedrática, escritora, investigadora e cineasta recoñecida polo seu compromiso coa memoria histórica e a defensa da cultura galega. Nacida en 1951, destacou tanto no ámbito académico como no audiovisual. A súa película Nación (2020) foi amplamente premiada, incluíndo o Mestre Mateo ao Mellor Documental no 2021. Entre as súas obras máis coñecidas están Santa liberdade (2004) e Liste, pronunciado Líster (2007), centradas na resistencia ás ditaduras ibéricas. Ledo Andión recibiu numerosos galardóns ao longo da súa carreira, como o Premio Nacional da Cultura Galega no 2008 e o Premio Otero Pedrayo no 2017. No 2022, foi distinguida co Mestre Mateo de honor e co Premio Fernando Rey de AGA. As súas películas foron adquiridas polo Museo Reina Sofía, consolidando o seu legado como unha figura esencial no cinema galego e español. 

Sección First Look no Festival de Locarno 2024

Sección Las Nuevas Olas no Festival de Sevilla 2024

 

Duración: 
88 MIN
Entradas: 
  • Entrada de balde previa retirada de convite

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Xoves, 21 Novembro, 2024
20:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA

PREFIRO CONDENARME | Tráiler español | 22 de noviembre en cines