O BAÚL DA TÍA TOLA
Idade recomendada: >6 meses ata 3 anos
Duración: 30 min
Lingua: sen texto
Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convértense en elementos de xogo.
Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os sentidos.
É un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións.
Ficha artística
Creación: Xoana Baz e Anna Cañadillas
Dirección: Compañía O Baúl da tía Tola
Reparto: Soraya Paradela e Anna Cañadillas
Vestiario: La Canalla
Escenografía: Compañía O Baúl Da Tía Tola
Música: Claudio Rojas
PorVezPrimeira
PorVezPrimeira presenta un programa dedicado á primeira infancia. Unha selección moi coidada de espectáculos para bebés e os/as máis pequenos/as da casa, que pretende que tanto o Auditorio de Galicia como o Teatro Principal se convertan no lugar da primeira experiencia cultural dos nosos e das nosas novas veciñas.
Recoméndase asistir con non máis de 2 acompañantes por bebé ou crianza.
Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.