POLVO SERÁN

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

POLVO SERÁN (2024)

Carlos Marques-Marcet

España, Suíza, Italia / 106 min / Ficción / Español, inglés

Ficha artística:

Alfredo Castro, Ángela Molina, Mònica Almirall

Ficha técnica:

Guión: Carlos Marques-Marcet, Clara Roquet, Coral Cruz

Fotografía: Gabriel Sandru

Edición: Chiara Dainese

Produción: Tono Folguera, Ariadna Dot, Giovanni Pompili, Eugenia Mumenthaler, David Epiney


Tras a proxección, coloquio co equipo responsable do filme


 

Sinopse:

Tras ser diagnosticada cunha enfermidade terminal, Claudia decide emprender a súa derradeira viaxe a Suíza, onde a lei permite o suicidio asistido. Alí poderá decidir como e cando rematar a súa vida, buscando un final digno e controlado. Flavio, o seu compañeiro de vida durante máis de corenta anos, decide unirse a esta viaxe sen retorno e ofrécelle o seu apoio incondicional. No entanto, a súa filla Violeta convértese na mediadora involuntaria entre os seus pais e todo o que deixan atrás, loitando por atopar o seu lugar nesta complexa historia familiar, repleta de amor, arrepentimento e eleccións difíciles.

Carlos Marqués-Marcet (Barcelona, España). Director, escritor e editor de Barcelona. Licenciado en Comunicación Audiovisual  pola Universidade Pompeu Fabra, estudou tamén na Escola de Teatro, Cine e Televisión de UCLA de Los Ángeles. Na súa filmografía destacan 10.000 km (2014), Tierra firme (2017), Los días que vendrán (2019) e La mort de Guillem (2020). 

Filme inaugural da Seminci 2024

Espiga de Prata á mellor película (ex aequo) e mención especial para Angela Molina e Alfredo Castro na Seminci 2024

Premio Platform no Festival Internacional de Cine de Toronto 2024

Duración: 
105 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Sábado, 9 Novembro, 2024
19:15
Teatro Principal
Luns, 11 Novembro, 2024
19:45
Teatro Principal
MULTIMEDIA

POLVO SERÁN - TRÁILER OFICIAL (HD)