ALGUÉN QUE RESPIRA! VIII FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL II
Berta Dávila · Lara Dopazo · Ismael Ramos · Gonzalo Hermo
O gran escenario do Teatro Principal acolle os recitais panorámicos. Para a segunda xornada do festival, reunimos a catro dos nomes máis representativos da chamada Xeración dos Neo. Unha oportunidade única para escoitar as súas voces dez anos despois de irromperen no panorama poético galego con excepcional acollida.
ENTREGA DOS PREMIOS RESPIRA! DE POESÍA PARA ESTUDANTES
O recital irá precedido da entrega dos Premios Respira! de poesía para estudantes, que este ano recibirán Santiago Ferreiroa Pena, Vítor Augusto Ramos Pintos, Ainara Fernández Sueiro e
Iris Abril Teijeira