SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
PLUS QUE JAMAIS / MÁIS CA NUNCA (2022)
Emily Atef
Francia, Alemaña, Luxemburgo, Noruega / 123 min / Ficción / Francés, inglés, noruegués
Ficha artística:
Vicky Krieps, Gaspard Ulliel, Liv Ullmann, Jesper Christensen, Bjørn Floberg
Ficha técnica:
Guión: Emily Atef, Lars Hubrich
Fotografía: Yves Cape
Edición: Sandie Bompar, Hansjörg Weißbrich
Produción: Eaux-Vives Productions, Mer Film, NiKo Film, Samsa Film
Sinopse:
Hélène vive feliz en parella, mais a súa vida dá unha viraxe o día en que descobre que sofre unha enfermidade rara nos pulmóns. Grazas a un blog, descobre Noruega e decide seguir o seu instinto. Malia a todo o amor que sente por Mathieu, o seu compañeiro de vida, atravesará toda Europa ata chegar a Noruega na procura dun novo camiño.
Emily Atef (Berlín, Alemaña). Tras iniciar a súa carreira como actriz, estudou dirección na Academia Alemá de Cinema e Televisión de Berlín. A súa ópera prima, Á maneira de Molly (2006), recibiu entre outros galardóns o Gran Premio do Xurado do Festival Mar do Prata. Coa súa segunda longametraxe, The stranger in me (2008), estreado na Semana da Crítica de Cannes, obtivo tamén un gran recoñecemento internacional. No 2018 participou na sección oficial da Berlinale con 3 días en Quiberon.
Seleccionada na sección ‘Un certain regard’ de Cannes 2022